Páginas

24 noviembre, 2014

Nova Paxina

Esta e a nova páxina do club. Apatir desta semana será a cal se usará para dar as noticias do club.
O longo desta semana tentaremos de actulizar todo o necesario.

www.clubmontañacaxado.es

11 noviembre, 2014

Fragas do Eume

O pasado domingo día 9 de novembro o club de montaña O Caxado en conxunto co club Peña Furada de (Navia), fixeron unha ruta polas fraga do Eume, ainda que o día non foi o mellor deixou camiñar con certa comodidade e ver a fermosas vistas que nos ten acostumados o cañon do Eume. Uns 60 camiñantes partiron dende o gallel as 9:30h  con dirección o mirador de Teixido pola ruta marcada e sañalizada polo Concello da Capela, pasando a aldea  de Teixido para volver a desfrutar da fraga polo conducto e tuneles antigos que transportaban a auga para a cental vella. Continuamos fraga abixo ata chegar a central do Eume, e despois de un bon rato de camino a tan visitado  Mosteiro de Caaveiro, no cal se aproveitou para reponer forzas e continuar, rio abaixo. Uns pola carretera e outros polo marxe dereito do río ata chegar o centro de interpretación  donde esperaba o autobús. 


02 noviembre, 2014

Saída fragas do Eume






Xa é posible anotarse para a ruta das Fragas do Eume

Recordar para anotarse polos medios avituais ou o Martes na reunión do club.
Estaremos acompañados polo club Peña Furada de Navia (asturias).

26 octubre, 2014

Ruta da Marronda

O pasado domingo día 19 uns 30 camiñantes participaron na saída que o club organizaou por terras de Baleira, concretamente para percorrer a PR-G 152. Unha ruta fermosa en todo o seu percorrido, pero dunha esixencia media alta dende o comezo ata o final. 
Facendo unha parada para visitar a area recreativa de cortovella, dita area encontrase case  case no medio do percorrido,e dende o fermoso mirador poder contemplar as loucuras que as administracións fan nos montes (desta volta vemos un ascensor no medio do monte). tamén contemplamos unha estatua que vixia dende o alto da rocha custodiada polo seu fiel compañeiro, (o can).
Fixemos unha parada técnica para repoñer forzas, e a camiñar de novo río arriba ata chegar o autobús que nos trouxo de volta a casa.
Xa estamos a traballar na seguinte para desfrute de todos, esta será polas Fragas do Eume.

28 septiembre, 2014

Saída Nocturna

Case unha treintena de integrantes do club de montaña fixeron unha ruta nocturna polo arredores do pobo a pasada noite de sábado, cun percorrido de 14kms.
Nunha noite na que a choiva respetou  e deixou rematar a ruta, por uns paraxes espectaculares e iluminados polas luces dos participantes, dunha beleza incomparable. A que teremos que repetir de día para ser conscientes de todo o que se perdeu a vista por mor do corto alcance das luces.
O remate da ruta puidemos desfrutar dunha queimada e duns aperitivos que os propios participantes fixeron para dita ocasión.
Sen duda teremos que repetir dita experiencia.